Os penedos a vista de dron
Documental do Semescom: "A arte dos dedos do tempo"
Ruta xeolocalizada

Os nosos penedos
Visitaos en persoa, son moito máis impresionantes
Enchoupate de paisaxe

Guía dos Penedos
Pincha no enlace para poder descargar a guía editada polo SEMESCOM
Ruta polos Penedos de Pasarela e Traba
Visualiza a ruta en Google Maps xeoposicionada.






Únete
Penedos en perigro
#salvemoSOSpenedos
A Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, situada nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, enfróntase a unha nova ameaza. Se hai máis de 20 anos esta paraxe natural corría o risco de converterse nunha canteira, agora é a implantación dun parque eólico o que pon en perigo a integridade dos Penedos de Pasarela e Traba. Unha das máis importantes extensións graníticas de Galicia, inzada de formacións rochosas que presentan figuras antropomórficas e zoomórficas, "creadas pola arte dos dedos do tempo" foi declarada Paisaxe Protexida no ano 2008, sendo unha das dúas paisaxes protexidas de Galicia.
Os Penedos de Pasarela puideron ser hoxe historia, e para sempre estará a ferida causada neles pola canteira, de non ser pola loita incansable de varios colectivos sociais que conseguiron a declaración da Xunta de Galicia como Paisaxe Protexida, impedindo a implantación da canteira.
Mais esta protección non debe ser suficiente cando se proxecta agora un parque eólico, que non só dana a paisaxe da contorna, senón que prevé a instalación dun aeroxerador ao pé da Cachucha, no mesmo corazón dos Penedos de Pasarela.
Urxe poñérmonos en marcha e loitar novamente para salvar os Penedos de Pasarela e Traba. Conseguimos daquela gañarlle á batalla á canteira e demostrar que os Penedos son moito máis que pedras.